lunes, 24 de diciembre de 2012

ACTUACIÓN EN PORTUGAL (22 e 23 de decembro de 2012)

Viaxamos a Portugal para actuar na Praça da República de Braga e facer unha pequena ruta turística por Barcelos, Braga e Valença.

jueves, 30 de agosto de 2012

SOÑEI CON SAO PAULO

As Pandereteiras de Andraden están convidadas a facer una mostra de canto tradicional e un taller para os descendentes de galegos que alí quedan. A cita é coa fundación Españoles en el Mundo con sede en Sao Paulo.
A actuación sería unha das maiores experiencias vividas polo grupo pero faise difícil cumplila debido ao coste da viaxe. Agradecemos a súa flexibilidade dándonos a posibilidade de poñer data coa esperanza de acadar fondos para os billetes de avión.

viernes, 24 de agosto de 2012

DILLES QUE NON FOI COMO ELES DIN...

Un grupo de 18 alumnas das Escolas de Pandeireta e Canto Tradicional das Pandereteiras de Andrade participarán na 1ª mostra dos grupos vilalbeses cunha representación de pezas en galego.

jueves, 3 de mayo de 2012

FESTIVAL FIN DE CURSO 11/12

http://terrachaxa.com/novas/o-auditorio-municipal-vilalb%C3%A9s-centra-actividades-culturais-da-semana-das-letras-galegas

jueves, 19 de abril de 2012

CERTAME LITERARIO 2012

O día 17 de maio ás 19:30 h colaboraremos co Certame Literario organizado polo Concello de Vilalba cunha pequena mostra de baile tradicional entorno a diversos homenaxeados ao longo deste anos de celebración das Letras Galegas.


sábado, 31 de marzo de 2012

lunes, 5 de marzo de 2012

TRAXE TRADICIONAL GALEGO

TRAXE TRADICIONAL GALEGO

Por Vanesa Siso Calvo

Segundo a vella dialéctica filosófica, a facultade humana de crear é aquilo que máis se achega á divindade. Se cadra nos últimos 20 anos tomámonos a liberdade de crear ou innovar no traxe galego, pero nun eido no que a comercialización eclipsa a calquera referente divino que tomemos para a creación de elementos. Todo progreso é aceptable e incluso necesario, porén no momento no que se representa unha tradición cómpre adecuarse ó máximo a aqueles presupostos que identificaron ó noso pobo. Moito máis alá de códigos éticos ou morais, un galego que se poña un traxe tradicional co sentimento que require, endexamais supliría calquera dos seus detalles a prol dunha modernización en ocasións patética e que atende a modas efémeras incompatibles co folclore galego. Todo isto imbuído na chamada sociedade do espectáculo, na que semella que todo é lícito con tal de captar as máximas atencións e crear e innovar algo que xa de por si está creado con unha identidade intrínseca que non precisa de cambio algún. A natureza do traxe tradicional leva implícita a idiosincrasia galega e iso debería ser un motivo máis que suficiente para non forzar modificacións nin sucumbir ante unha industria crecente. O consumismo é o noso pan de cada día e, como non podía ser doutra forma, tamén chegou a facerse dono dos aspectos que até o de agora parecían máis intocables, como pode ser a tradición dun pobo. No século XIX xa se fixo da cultura unha industria, proceso que foi creando clichés cun efecto mimético entre culturas, achegándonos ó precipicio da chamada cultura global, que iría tentando pisotear todas aquelas características que definen as tradicións dos pobos e as diferenzas e curiosidades entre eles. Non obstante, non foi o proceso igual en todos os lugares, a idiosincrasia da que se fala ten aspectos moi peculiares na nosa comunidade. A finais do século XIX, da pluma de Curros Enriquez xa salían estes versos: Eu sónvo-lo probe do pobo gallego: pra min non hai maio, ¡pra min sempre é inverno!... Quizais para nós aínda hoxe deambule a brétema do inverno nos nosos pensamentos, e nos impide que valoremos e saibamos o que realmente representamos e a importancia de que a tradición se manteña nos traxes que vestimos nos mesmos e aínda moito máis aqueles traxeciños que lles poñemos ós nosos fillos e netos. Isto non é un carnaval, é a cultura máis lonxeva no que concerne á oralidade, e máis alá de títulos, números ou estatísticas, é a nosa cultura. Para rememorar sempre as nosas raíces deberiamos acudir máis a estes versos e non seren preguiceiros, saber as telas que empregaban os nosos ancestros, segundo a época do ano ou a utilidade, así como o xeito de vestir todas as roupaxes, e non obsesionarnos cunha “beleza” ou estética a base de xoias recargantes, abelorios en exceso ou as máximas galas de que somos capaces. O verdadeiramente admirable sería lembrar que provimos dunhas raíces humildes, onde unha tela fucsia para unha saia ou unha trenza de espiga chea de laca non tiñan moita cabida. Apelar ás nosas conciencias, ás de todos, a aquelas que lles gusta vestírense, a aquelas que non saben sequera como é o seu propio traxe rexional, pero sobre todo, a aquelas mans que tiran máis beneficios a base de botar por terra todo aquilo que implica un bo traxe tradicional galego.

Calzón curto, alta monteira,
verde faixa, albo chaleque,
i o pano na faltriqueira;
sempre na gaita parleira
levaba dourado fleque.

Manuel Curros Enríquez

martes, 21 de febrero de 2012

viernes, 17 de febrero de 2012