miércoles, 17 de septiembre de 2008

Os máis pequenos

Se pensades que nós somos pouco formais... é porque aínda non coñecedes ós máis pequenos. Ós que temos que mandar calar ou estar quietos mil veces, pero tamén cos que botamos unhas cantas risas.

Son moitísimos/as (máis nenas ca nenos), pero saíron todos/as nas fotos.


domingo, 14 de septiembre de 2008

O que facemos nos ensaios - Parte 3

Vale... creo que xa vos facedes unha idea do ben que o pasamos xuntas. Pero agora tedes que ver a parte na que si traballamos: a parte na que ensaiamos, na que "machacamos" esas cancións que non nos gustan ou que, simplemente, non saen ben; e a parte na que botamos todo o tempo bailando a mesma muiñeira, ata que queden todos os pasos iguais.


O que facemos nos ensaios - Parte 2

Non nos dedicamos soamente a dar saltiños durante os ensaios... non... Tamén botamos man dos instrumentos (aínda que non sexan as nosas pandeiretas, claro), jojojojojo.

jueves, 11 de septiembre de 2008

O que facemos nos ensaios - Parte 1

E agora comeza a parte "sucia" deste Blog... onde destapamos o noso "lado escuro". ¿Queredes ver o que realmente facemos cando ensaiamos? Ou... mellor dito... ¿cando Noelia pensa que ensaiamos? Pois aquí tedes o primeiro vídeo, jojojojo.



Explicación: Antía recolle unha pataca que lle caeu (sí, en vez de cantar, comemos). Sara (tamén coñecida como a "brazilarga") vai saltando e Antía, que non tiña nada mellor que facer, salta tamén (todo moi ó estilo de Heidi). Vanesa non para de rir, e Raquel, como non quería ser menos, ponse a saltar tamén, meténdolle un susto a Sara xusto cando entra Jesu. Parece que a única formal aquí é Alba. Iso sí, cando chega Noelia... bueno... menos mal que ela xa sabe que non estamos ben da cabeza (nin ela tampouco)... :)

miércoles, 10 de septiembre de 2008

Procesión Santa María '08

O día 1 de setembro, despois de estar toda a noite por aí festexando o San Ramón, tocou madrugar para ir á procesión de Santa María por tódalas rúas de Vilalba. Nas fotos temos caras de sono. Normal; é o que ten estar en festas... :)


A Xira dos nosos maiores '08

Este ano tamén tocou dar un paseo pola Xira dos nosos maiores, aquí en Vilalba. Cantamos e tocamos por case tódalas merendas, e deitámonos á sombra a descansar un cachiño (un cachiño ben longo...).


Feira medieval

Como xa dixemos, somos capaces de facer moitas cousas como, por exemplo, feiras medievais (con bufón ventrílocuo incluído, pero só se chove...). Unha grande festa formada por paiasos, malabaristas, titiriteiros que van e veñen amosándose ante a xente, músicos, mendicantes... e tamén por un rei e unha raíña, e todo o seu séquito de damas do reino (sen esquecerse da garda real, por suposto); coma se vivísemos no século XII, nunha vila medieval.
Aquí tedes unhas fotos:


Presentación

Boas! Comeza aquí a nosa andaina por este mundo dos Blogs e... o certo é que non temos moita experiencia nisto, pero intentaremos levalo o mellor posible...
A foto, o título do Blog e a URL desta páxina xa o din, pero por se non quedou claro, somos as Pandereteiras de Andrade. O que nós facemos non é soamente cantar, tocar a pandeireta e bailar unhas muiñeiras. Non. Somos capaces de preparar vodas celtas e feiras medievais, de ir cantar ás procesións, ás vodas (á saída da Igrexa ou mesmo ó banquete), e a onde nos manden (tampouco sen esaxerar).
Para que vexades un pouco do noso traballo, tedes aquí unhas cantas fotos ilustrando o que acabamos de dicir:

Vodas celtas: