martes, 30 de agosto de 2011

SAN RAMÓN 2011




As nenas e nenos de Vilalba que medramos tentando aprender o legado dos nosos antergos para conservar unha parte da nosa cultura, decidimos que queremos dar vida ás nosas festas e por elo non deixaremos de participar no patrón da nosa Vila. Un ano máis saímos ás rúas para amosar o aprendido durante estes anos de formación e aproveitar para dar un ambiente festivo nestas datas nas que é moi importante que todos os veciños e veciñas participemos. Os que temos interés por que a nosa cultura non se perda consideramos que necesita amosarse nas rúas, e non só nas aulas durante o curso escolar. E que mellor intre para lucir a esencia da nosa terra que nas súas festas e romarías, patrimonio tamén da nosa cultura. Os galegos e galegas gostamos de celebrar festas para reunirnos cos familiares e veciños, para compartir intres de ledicia que nos farán medrar envoltos de recordos, e nós, os nenos e nenas, queremos vivir estos días amosando a nosa riqueza cultural, compartindo uns intres en familia cos nosos compañeiros, desenvolvendo a nosa autonomía e responsabilidade, ... sendo felices!

Na actualidade as nosas escolas de difusión cultural están formadas por grupo un de Gaita e Linguaxe Musical, grupo de Danza Tradicional e grupo de Pandereteiras e Cantareiras no que participan nenos e nenas dende os 2 anos. Este último foi a base da nosa escola durante moitos anos.

As cantareiras sobresaían e aledaban as festas e distintos acontecementos dos pobos e aldeas galegas. Nestes grupos recóllese gran parte da música galega de tradición oral, na que ritmos de alalás, muiñeiras, xotas, ... son o acompañamento para todo tipo de letras como romances, cantigas de amor, temas locais, etc. A virtuositade coa que sacan extraordinarios sons dun instrumento como a pandeireta xunto coa compenetración das voces, fan destos grupos unha base fundamental da divulgación da música galega.

Por iso, é polo que nós formamos parte da cultura e polo tanto tamén das festas e romarías da nosa Vila. Así pois, non faltaremos á cita máis importante do ano: A CELEBRACIÓN DO SAN RAMÓN E SANTA MARÍA 2011.

viernes, 26 de agosto de 2011

XIRA DOS NOSOS MAIORES


Un ano máis acudimos á praia fluvial de Vilalba para pasar un día de festa cos maiores de diferentes partes de Galicia. Esta vez tamén participamos na gravación do programa "A Solaina" da TVG.