miércoles, 21 de diciembre de 2011

domingo, 25 de septiembre de 2011

NETE

Actuación en Nete o 25 de setembro de 2011.

lunes, 5 de septiembre de 2011

domingo, 4 de septiembre de 2011

martes, 30 de agosto de 2011

SAN RAMÓN 2011




As nenas e nenos de Vilalba que medramos tentando aprender o legado dos nosos antergos para conservar unha parte da nosa cultura, decidimos que queremos dar vida ás nosas festas e por elo non deixaremos de participar no patrón da nosa Vila. Un ano máis saímos ás rúas para amosar o aprendido durante estes anos de formación e aproveitar para dar un ambiente festivo nestas datas nas que é moi importante que todos os veciños e veciñas participemos. Os que temos interés por que a nosa cultura non se perda consideramos que necesita amosarse nas rúas, e non só nas aulas durante o curso escolar. E que mellor intre para lucir a esencia da nosa terra que nas súas festas e romarías, patrimonio tamén da nosa cultura. Os galegos e galegas gostamos de celebrar festas para reunirnos cos familiares e veciños, para compartir intres de ledicia que nos farán medrar envoltos de recordos, e nós, os nenos e nenas, queremos vivir estos días amosando a nosa riqueza cultural, compartindo uns intres en familia cos nosos compañeiros, desenvolvendo a nosa autonomía e responsabilidade, ... sendo felices!

Na actualidade as nosas escolas de difusión cultural están formadas por grupo un de Gaita e Linguaxe Musical, grupo de Danza Tradicional e grupo de Pandereteiras e Cantareiras no que participan nenos e nenas dende os 2 anos. Este último foi a base da nosa escola durante moitos anos.

As cantareiras sobresaían e aledaban as festas e distintos acontecementos dos pobos e aldeas galegas. Nestes grupos recóllese gran parte da música galega de tradición oral, na que ritmos de alalás, muiñeiras, xotas, ... son o acompañamento para todo tipo de letras como romances, cantigas de amor, temas locais, etc. A virtuositade coa que sacan extraordinarios sons dun instrumento como a pandeireta xunto coa compenetración das voces, fan destos grupos unha base fundamental da divulgación da música galega.

Por iso, é polo que nós formamos parte da cultura e polo tanto tamén das festas e romarías da nosa Vila. Así pois, non faltaremos á cita máis importante do ano: A CELEBRACIÓN DO SAN RAMÓN E SANTA MARÍA 2011.

viernes, 26 de agosto de 2011

XIRA DOS NOSOS MAIORES


Un ano máis acudimos á praia fluvial de Vilalba para pasar un día de festa cos maiores de diferentes partes de Galicia. Esta vez tamén participamos na gravación do programa "A Solaina" da TVG.

viernes, 8 de julio de 2011

miércoles, 8 de junio de 2011

ABADÍN 2011

O 18 de xuño ás13:30 h acudimos á parroquia de Abeledo, Abadín, para tocar e cantar unhas pezas nas súas festas patronais.

jueves, 19 de mayo de 2011

ACTUACIÓN NA PARROQUIA DE TARDADE

O domingo 15 de maio acudimos a amenizar as festas dos veciños e veciñas da parroquia vilalbesa de Tardade.

COLABORACIÓN CO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA

A tarde do sábado 14 de maio acudimos ao auditorio municipal de Vilalba para colaborar co noso Concello no Certame Literario que cada ano organiza co gallo das Letras Galegas.
Neste acto interpretamos tres cantigas e amosamos unha montaxe de danza en homenaxe a Lois Pereiro.

miércoles, 18 de mayo de 2011

ACTUACIÓN NO CPI DE ATIOS - VALDOVIÑO


Parte das alumnas da Escola de Perfeccionamento de Pandeireta e Canto Tradicionais acudiron a celebrar o día das Letras Galegas cos nenos e nenas do CPI de Atios.



sábado, 14 de mayo de 2011

@S NEN@S E AS LETRAS


Os nenos e nenas das distintas Escolas de Pandeireta e Canto Tradicional, Baile Tradicional e Gaita e Linguaxe Musical xuntáronse o venres 13 de maio para amo
sar unha parte do aprendido no curso 10/11.

sábado, 2 de abril de 2011

martes, 8 de marzo de 2011

ANTROIDO 2011


Disfrutamos do noso Antroido representando a película infantil "101 dálmatas"




viernes, 7 de enero de 2011

ACTUACIÓN NA RESIDENCIA QUAVITAE DE CASTRO

Un ano máis acudimos a desexarlles un bo ano aos avós e avoas da Residencia de Catro.