sábado, 18 de octubre de 2008

BUSCANDO ESTRELAS








Tamén se pode botar a vista atrás...

xa vai un ano dende que tivemos aquela outra fermosa experiencia en Buscando Estrelas...

miércoles, 15 de octubre de 2008

MADRID, MADRID, MADRID...


Saímos de viaxe cara a Madrid o día 3 de octubro. A despedida foi de morros porque Raquel (por motivos imprevistos) non podía ir. Que mágoa!!!

O noso primeiro día en Madrid, 4 de octubro, adicamos a mañá a andar de parranda por ahí. Cafeterías, centros comerciais,...




Pola tarde tocou cumplir cos compromisos. Pasarúas, cantar, bailar, compartir experiencias,...
novos amigos,...



Pola noite tocou cea cos novos amigos de Madrid, logo queimada e para rematar unhas cantas das nosas coplas,...



Chegamos ao último día na Capital, 5 de octubro. Algunhas xa non podían co cú e quedaron a durmir toda a mañá. Despois dunha longa noite de "pero como no me voy a reir si esto es una fiesssshhhhzzzta" non hai quen aguante. As mais formais fixeron unha visita turística polo centro da Cidade para coñecer os sitios de maior interés e ademais PARQUE DE ATRACCIÓNS...

Chegado o intre de marchar, de novo xurden os morros: NON NOS QUEREMOS IR!!!!
CANDO VOLTAMOS????





Tremenda fin de semana cantando en Madrid... e tamén dando o cante.
Mágoa das que non estiveron...
Son moitas as anécdotas para contar:
as comidas
as festas
os novos amigos
pero como no me voy a reir si es una fieshhtaa
o parque de atraccións
de paseo por Madrid adiante
...
o mellor será contalo con detalle en forma de comentario.

3,2,1 GRAVANDO!!!

Gracias Antía pola túa Colaboración...


Antes de nada hai que escoitar... menudo susto ao escoitar as nosas voces!


Pase e pose. Temos voas maestras de quen aprender. Esta chámase Técnica Zaida: consiste en poñer cara de Santa e a cabeza medio de lao.

Antía probando a súa gorxa estragada por culpa de tanta festa. Ai, Antía, que a noite de confunde...


Mais probas...
As pequenas tamén puxeron a súa pequena aportación e moitísima ilusión.


E como non tamén estiveron as medianas (falta moita xente na foto)


Aitana é a voz mais nova do grupo.

Por fin temos unha tarea rematada, bueno casi, ainda queda a reportaxe fotográfica. Pero sempre hai algún impedimento...

Esperomos que todo avance según o previsto e o noso Último Gran Recordo esté pronto con nós.

miércoles, 17 de septiembre de 2008

Os máis pequenos

Se pensades que nós somos pouco formais... é porque aínda non coñecedes ós máis pequenos. Ós que temos que mandar calar ou estar quietos mil veces, pero tamén cos que botamos unhas cantas risas.

Son moitísimos/as (máis nenas ca nenos), pero saíron todos/as nas fotos.


domingo, 14 de septiembre de 2008

O que facemos nos ensaios - Parte 3

Vale... creo que xa vos facedes unha idea do ben que o pasamos xuntas. Pero agora tedes que ver a parte na que si traballamos: a parte na que ensaiamos, na que "machacamos" esas cancións que non nos gustan ou que, simplemente, non saen ben; e a parte na que botamos todo o tempo bailando a mesma muiñeira, ata que queden todos os pasos iguais.


O que facemos nos ensaios - Parte 2

Non nos dedicamos soamente a dar saltiños durante os ensaios... non... Tamén botamos man dos instrumentos (aínda que non sexan as nosas pandeiretas, claro), jojojojojo.

jueves, 11 de septiembre de 2008

O que facemos nos ensaios - Parte 1

E agora comeza a parte "sucia" deste Blog... onde destapamos o noso "lado escuro". ¿Queredes ver o que realmente facemos cando ensaiamos? Ou... mellor dito... ¿cando Noelia pensa que ensaiamos? Pois aquí tedes o primeiro vídeo, jojojojo.



Explicación: Antía recolle unha pataca que lle caeu (sí, en vez de cantar, comemos). Sara (tamén coñecida como a "brazilarga") vai saltando e Antía, que non tiña nada mellor que facer, salta tamén (todo moi ó estilo de Heidi). Vanesa non para de rir, e Raquel, como non quería ser menos, ponse a saltar tamén, meténdolle un susto a Sara xusto cando entra Jesu. Parece que a única formal aquí é Alba. Iso sí, cando chega Noelia... bueno... menos mal que ela xa sabe que non estamos ben da cabeza (nin ela tampouco)... :)

miércoles, 10 de septiembre de 2008

Procesión Santa María '08

O día 1 de setembro, despois de estar toda a noite por aí festexando o San Ramón, tocou madrugar para ir á procesión de Santa María por tódalas rúas de Vilalba. Nas fotos temos caras de sono. Normal; é o que ten estar en festas... :)


A Xira dos nosos maiores '08

Este ano tamén tocou dar un paseo pola Xira dos nosos maiores, aquí en Vilalba. Cantamos e tocamos por case tódalas merendas, e deitámonos á sombra a descansar un cachiño (un cachiño ben longo...).


Feira medieval

Como xa dixemos, somos capaces de facer moitas cousas como, por exemplo, feiras medievais (con bufón ventrílocuo incluído, pero só se chove...). Unha grande festa formada por paiasos, malabaristas, titiriteiros que van e veñen amosándose ante a xente, músicos, mendicantes... e tamén por un rei e unha raíña, e todo o seu séquito de damas do reino (sen esquecerse da garda real, por suposto); coma se vivísemos no século XII, nunha vila medieval.
Aquí tedes unhas fotos: