Un Blog con vídeos e fotos, para que vexades o noso traballo nas distintas Escolas Culturais:
Pandeireta e Canto Tradicional,
Baile Tradicional,
Gaita e Linguaxe Musical.
A tarde do sábado 14 de maio acudimos ao auditorio municipal de Vilalba para colaborar co noso Concello no Certame Literario que cada ano organiza co gallo das Letras Galegas.
Neste acto interpretamos tres cantigas e amosamos unha montaxe de danza en homenaxe a Lois Pereiro.
Parte das alumnas da Escola de Perfeccionamento de Pandeireta e Canto Tradicionais acudiron a celebrar o día das Letras Galegas cos nenos e nenas do CPI de Atios.
Os nenos e nenas das distintas Escolas de Pandeireta e Canto Tradicional, Baile Tradicional e Gaita e Linguaxe Musical xuntáronse o venres 13 de maio para amo